Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ATA O 28 DE ABRIL A EXPOSICIÓN "DON GAIFEROS POLOS CAMIÑOS CARA A COMPOSTELA"
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a desprazarse ata o Pazo para ver esta orixinal mostra
Narón, 16 de abril de 2021. O Pazo da Cultura acolle ata o vindeiro 28 de abril a exposición “Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela”, de Os Monicreques de Kukas, que conta co respaldo da administración autonómica no marco do Xacobeo 2021 e da Deputación da Coruña. As persoas que se acheguen ata as instalacións poderán ver na zona do hall as dúas partes das que consta a mostra, unha con planas orixinais do comic realizado por Marcelino de Santiago e Agustín de Castro no seu día sobre esta peza e a outra con monicreques de fíos e decorados da mesma. A obra, dirixida a público familiar e que se poderá ver este domingo ás 18.00 horas no Pazo da Cultura, conta a historia dun peregrino francés ata a súa morte aos pés do Apóstolo Santiago, en Compostela. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos a desprazarse ata o Pazo da Cultura para ver esta exposición “moi orixinal e que permite coñecer un pouco máis o gran traballo que realiza a compañía galega Os Monicreques de Kukas e tamén profundizar en varios detalles da obra “Don Gaiferos” que este domingo se poderá ver no Pazo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal