Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ MAÑÁ OS ESPECTÁCULOS DE CATRO COMPAÑÍAS PARA CONMEMORAR NA CIDADE O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
A cita dará comezo ás 18.30 horas e en caso de choiva trasladarase ás instalacións do Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia
Narón, 28 de abril de 2021. O Padroado da Cultura conmemorará mañá, 29 de abril, o Día Internacional da Danza cunha convocatoria aberta á cidadanía en xeral e que se programou na Praza de Galicia, ás 18.30 horas. As persoas que o desexen poderán ver catro espectáculos de danza nos que participarán outras tantas compañías: a de Cristina Montero, que traerá a Narón o espectáculo “Meta”; Paula Quintas, con “Set”; Traspediante, con “Le Bruit” e Pisando Ovos, con “Directo 9”. En caso de mal tempo a iniciativa trasladarase ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia. O Padroado da Cultura conmemorou esta data con outras propostas que se levan a cabo no Pazo da Cultura e nas que participa a compañía Pisando Ovos. A maiores dos ensaios do espectáculo “Directo 9”, da citada compañía, dende o pasado martes ata mañá, tamén se programou un obradoiro de movemento sobre a pesa na Escola de Teatro de Narón, na que participarán dous grupos da Escola esta tarde, de 19.00 a 20.30 e de 20.30 a 22.00 horas. "A través destes obradoiros ofrecerase unha experiencia inmersiva colectiva sobre a peza, levando aos corpos a través do rebote ó encontro cos límites físicos e ó desgaste, para dar paso a un contacto íntimo e persoal do noso propio corpo”, tal e como indicaron dende Pisando Ovos. A sesión estará guiada por Rut Balbís, directora da compañía, a través de temas musicais electrónicos que nos conducirán por unha viaxe física dunha hora ininterrompida onde pasar por diferentes estados e lugares. Dende o Padroado da Cultura animouse ás veciñas e veciños a acudir mañá á cita coa danza na Praza de Galicia para ver o traballo que realizan as catro compañías coas que se conmemorará o Día Internacional da Danza. O programa especial para a celebración desta data está organizado polo Padroado da Cultura de Narón e Pisando Ovos, coa axuda ao Impulso ás Artes Escénicas de Agadic, a Xunta de Galicia e o apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña e Galicia Danza Contemporánea.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal