Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DO TROBADOR CUBANO PABLO MILANÉS NO PAZO DA CULTURA
O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que se esgotaron as trescentas localidades do aforo permitido actualmente no Pazo para esta cita que terá lugar o 8 de maio
Narón, 29 de abril de 2021. As trescentas entradas dispoñibles segundo a actual normativa sanitaria no Pazo para o concerto que o cantautor Pablo Milanés dará o vindeiro 8 de maio sobre o escenario do Pazo da Cultura de Narón están xa esgotadas, tal e como anunciou o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. O trovador cubano presentará as súas novas composicións como ‘Esperando el milagro’, ‘Vestida de mar’ o “Día de luz”, ademais dos temas de sempre: ‘El breve espacio en que no estás’, ‘Yolanda’, ‘Ya ves’ o ‘Para vivir’, que seguen definindo a natureza e singularidade da súa alma de trobador. Será un concerto íntimo no que estará acompañado polo pianista Miguel Núñez, que leva máis de 30 anos sendo o seu director de musical, e a chelista Caridad R. Varona. Pablo Milanés é un dos principais expoñentes da canción de autor en español. Soubo abordar unha ampla diversidade de xéneros da música cubana e americana na totalidade da súa obra: dende a tradición á modernidade, pasando polo jazz, a rumba ou o boleiro, grazas á súa ampla versatilidade interpretativa. ‘Días de Luz’ é unha posta en escena cun formato íntimo, aínda que non menos sorprendente e emocional. Xunto con composicións novas, como ‘Día de luz’, un canto ás incertezas actuais e ao amor como o seu refuxio, á máis recente ‘Esperando el milagro’, que estreou o 31 de decembro de 2020, unha súplica con evocacións relixiosas para chamar a meditar sobre o presente que vivimos e sobre un futuro que, a pesar de todo, quere sentir esperanzador. Tras recibir dous Grammy Latinos en 2006 e un Grammy á Excelencia Musical en 2015, Pablo continuou compoñendo e gravando en solitario e en colaboracións con outros músicos. Por iso é polo que 2021 ven con novos proxectos, como o lanzamento internacional dun disco en inglés que reúne clásicos do jazz americano, un traballo só coa súa guitarra, de temas novos e outros antigos nunca publicados, así como outras novidades, como a publicación en formato dixital, por primeira vez de todo o seu catálogo discográfico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal