Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE SEGURIDADE CIDADÁ RECIBIRON HOXE Á PROMOTORA SOCIAL DE XESTIÓN VIAL DA MUNICIPALIDADE DE HEREDIA, CHEILING VENEGAS
Marián Ferreiro e Román Romero deron a benvida a Cheiling Venegas, que estes días coñecerá cos responsables do equipo de Educación Viaria diferentes programas municipais
Narón, 3 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, recibiron esta mañá no Concello á promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica), Cheiling Venegas. Dende o pasado día 1 Venegas está na cidade, donde permanecerá ata o vindeiro día 25 deste mes, para participar activamente nunha pasantía que se desenvolverá neste período e na que se abordarán diferentes estratexias que se levan a cabo en Narón en materia de Educación e Seguridade Viaria. Os responsables do equipo de Educación Viaria de Narón, os axentes da Policía local Pedro Caneiro e Sonia López, acompañarán a Cheiling Venegas durante a súa estancia para amosarlle as diferentes accións que nesta área se desenvolven en Narón e coa finalidade de que sexan útiles para poder aplicalas tamén na Municipalidade de Heredia. O Concello naronés mantén un convenio de irmanamento coa citada municipalidade nas áreas de Seguridade Viaria e Xestión de risco en estradas. A alcaldesa e o edil de Seguridade Cidadá deron a benvida a Cheiling Venegas e agradecéronlle que se desprazase a Narón para coñecer en primeira persoa todo o traballo que se está desenvolvendo na área de educación viaria. “Espero que poidas gozar da túa estadía na nosa cidade, comprobando os diferentes programas que se levan a cabo nos diferentes colexios, vendo o material co que traballan dende equipo de Educación Viaria e coñecendo tamén ás persoas que o fan posible dende fóra do Concello, o alumnado, as súas familias e o persoal docente, que son pezas fundamentais para que todo este traballo logre os seus froitos”, apuntou a alcaldesa. A promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia amosou a súa satisfacción por poder estar en Narón coñecendo os diferentes programas en marcha e agradeceu a boa acollida desta iniciativa para poder compartir experiencias durante estes días nesta área de traballo. Os Camiños Escolares Seguros, o programa Bica e Arrinca, os estacionamentos disuasorios, os obradoiros de bicicletas, de decoración de cascos, sobre os perigosos efectos do alcohol e as drogas (centrados na conducción), as saídas en bicicleta aos tanques de tormentas… forman parte dos contidos nos que se centrarán durante a estancia de Cheiling en Narón e que reforzarán o vínculo existente entre a cidade e a Municipalidade de Heredia.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es