Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA QUE SE LEVARÁ A CABO NA ZONA RURAL
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que as veciñas e veciños da zona rural de Narón que teñan unha horta e/ou xardín son os destinatarios desta convocatoria
Narón, 4 de maio de 2021. As veciñas e veciños da zona rural de Narón que non puideron acudir ás sesións de información e inscrición na campaña de compostaxe domiciliaria organizada polo Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020 poden anotarse a través do correo electrónico para recibir algún dos últimos composteiros dispoñibles. O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que “rematadas as convocatorias para inscribirse que realizamos no Val, en San Xiao e Pedroso, quedan algúns composteiros dispoñibles polo que as persoas que o desexen e cumpran os requisitos establecidos para a campaña poderán recibilos escribindo un correo electrónico á dirección: naron@naron.es ata esgotar esas unidades”. Nese correo electrónico deben indicar o seu nome e apelidos, a dirección, o DNI e un teléfono de contacto, a través do que recibirá as indicacións precisas para acudir a algunha das reunións que se programarán para a entrega do material pertinente. Santalla recordou que a campaña se dirixe a un centenar de persoas, que deben ser veciñas ou veciños de Narón, ter unha horta e/ou xardín, comprometerse a facer un correcto uso do material que se lles entregue e tamén autorizar o seguemento que desta iniciativa levará a cabo persoal técnico durante o desenvolvemento da mesma.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal