Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS CONCERTOS DE MARTINS ANEIROS BAND E PABLO MILANÉS E A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "QUIXOTE"
As entradas do concerto de Pablo Milanés están esgotadas, se ben aínda se poden adquirir para o de Martin Aneiros Band e a representación de "Quixote"
Narón, 4 de maio de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres espectáculos. A cita desta semana coa programación cultural do Padroado iniciarase o venres, día 7, co concerto de Martins Aneiros Band, que dará comezo ás 20.30 horas. A cantante Paula Martins e o guitarrista galego Víctor Aneiros crearon esta formación musical, á que se uniron o batería Marcos Sánchez e o baixista Víctor Gacio. O concerto conxunto permitiralles interpretar temas clásicos do blues, soul e rock. Na xornada do sábado, día 8, ás 20.00 horas terá lugar o concerto do trobador cubano Pablo Milanés, coa súa xira “Días de luz” e as 300 entradas do aforo actual do Pazo esgotadas. O músico cubano presentará en Narón o seu último disco, un proxecto con moitas novidades e cun formato íntimo e moi emocional. Ao igual que no resto dos seus directos, no de Narón Milanés compaxinará os novos traballos, como “Esperando el milagro” o “Días de luz”, con outros clásicos como “Yolanda”, “Ya ves” ou “Para vivir”. Finalmente, o domingo será o turno do teatro, concretamente da representación da comedia “Quixote”, dirixida a público familiar e infantil que se poderá ver ás 18.00 horas. A compañía Pedras de Cartón trae a Narón esta peza, o seu segundo clásico no que aborda a novela máis importante da lingua española. O público coñecerá a un fermoso e divertido Quixote cunha estética inspirada no paiaso clásico e con achegamentos dende o clown. As entradas aínda dispoñibles para o concerto de Martin Aneiros Band e para a obra “Quixote” poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal