Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU OS DIPLOMAS DOS CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL A ALUMNADO DOS COLEXIOS PONTE DE XUVIA, JORGE JUAN E O FEAL
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, desprazáronse aos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan e O Feal xunto con Pedro Caneiro e Sonia López, do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón
Narón, 5 de maio de 2021. Alumnado de sexto curso de Primaria dos colexios Ponte de Xuvia e O Feal e de primeiro da ESO da Jorge Juan recibiu hoxe o diploma que acredita a participación da súa aula nos Consellos de Participación Infantil organizados polo Concello, a través do equipo de Educación Viaria. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade cidadá, Román Romero, desprazáronse aos centros para realizar a entrega e agradecer a participación do alumnado nesta iniciativa, coordinada por Pedro Caneiro e Sonia López, do equipo de Educación Viaria de Narón. Ferreiro animou ás rapazas e rapaces a que lle plantexasen as cuestións que quixesen, aproveitando a súa visita. Así mesmo, no colexio Jorge Juan entrevistárona en RadiOurizo, aproveitando a súa visita, interesándose polo Camiño Inglés, unha proposta do centro para colocar códigos QR nos parques biosaudables con información sobre o uso dos equipos, o proxecto que o centro presentou ao Consello de Participación Infantil –pintado de pictogramas nos pasos de peatóns- e tamén convidaron a Ferreiro a participar na xornada que programarán para colocar os códigos QR nos parques biosaudables, agradecendo a alcaldesa o convite. A vindeira semana Ferreiro e Romero desprazaranse aos colexios da Gándara e Piñeiros para facerlles tamén entrega dos diplomas ás aulas que participaron nesta convocatoria. “Quero agradecervos de novo a vosa colaboración e o traballo que realizastes para poder presentarnos unha serie de propostas moi estudadas e quero que saibades que estamos analizando a viabilidade de materializalas no caso de que sexa posible”, asegurou Ferreiro. Máis de 150 alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria e primeiro de Secundaria participaron nos Consellos de Participación Infantil de Narón e dende o Concello xa se materializou a primeira das iniciativas presentada por escolares do colexio Ayala, a entrega de dispensadores de bolsas para recoller os excrementos caninos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal