Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O VINDEIRO LUNS COMEZARÁN AS SESIÓNS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS DO CONCELLO NA PARROQUIA DE FREIXEIRO
A edil de Participación Cidadá, Catalina García, animou á veciñanza a participar nestes encontros que se levarán a cabo en todos os barrios e parroquias da cidade
Narón, 5 de maio de 2021. Os Consellos Territoriais do Concello de Narón celebraranse dende o vindeiro luns, día 10, ata o 10 de xuño. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que os encontros comezarán na parroquia de Freixeiro o luns 10, ás 19.00 horas no local social Virxe de Fátima e continuarán en San Xiao o mércores 12, ás 19.00 no local social e no do Couto o xoves 13 a esa mesma hora. O calendario prosegue coas xuntanzas do mércores 19 de maio no Alto do Castiñeiro, o xoves 20 en Pedroso, o luns 24 no Val, o mércores 26 en San Mateo, o venres 28 en Sedes, e o luns 31 na Gándara. No mes de xuño, celebraranse os Consellos de Xuvia o mércores 2, Castro o xoves 3, Piñeiros o luns 7, Santa Icía o mércores 9 e Doso o xoves 10. A edil de Participación Cidadá, que presidirá as sesións, explicou que estes encontros son abertos e están dirixidos á cidadanía en xeral, e de maneira específica ás entidades asociativas do municipio. O calendario completo pode consultarse na páxina web: www.naron.es ou na plataforma www.naronparticipa.es. Para garantir o control de aforo é necesaria confirmación de asistencia previa, que pode facerse enviando un correo electrónico escolaparticipacion@naron.es ou no teléfono 603 865 413. Existe a posibilidade de asistencia online ao espazo, debendo neste caso contactar coa Escola de Participación no correo ou teléfono indicados.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es