Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPLANTARÁ TECNOLOXÍA LED EN CASE 150 PUNTOS DE LUZ DOS LUGARES DE PLACENTE E VILLALLONTE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que a actuación suporá ás arcas municipais un investimento de 18.000 euros
Narón, 6 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou o próximo inicio de novas obras para a implantación da tecnoloxía led no alumeado público da zona rural do municipio. “En total procederase a substituír 147 puntos de luz de vapor de sodio por outras luminarias de tecnoloxía led nos lugares de Placente e Villallonte, na parroquia de Sedes, ao igual que xa fixemos noutros núcleos tanto da zona rural como da zona urbana”, explicou Ferreiro. A rebaixa da potencia estimada por punto é de entre o 30 e o 60%, tal e como indicou a rexedora local. “Calquera avance nesta área é moi importante porque a maiores da mellora na iluminación que aporta a tecnoloxía led tamén se rexistran importantes aforros tanto en mantemento das instalacións como no consumo eléctrico”, recordou. A substitución dos puntos de luz de vapor de sodio complementarase co cambio dun cadro de protección e mando, tamén coa finalidade de mellorar o actual servizo. Ferreiro indicou que o custe estimado desta actuación que se levará a cabo en Placente e Villallonte rondará os 18.000 euros, unha contía que se sufragará con cargo ás arcas municipais. O persoal encargado de realizar os traballos previstos será o do departamento municipal de Servizos Básicos e Mantemento.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es