Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CONSELLOS DE PARTICIPACIÓN INFANTIL A ALUMNADO DOS COLEXIOS DA GÁNDARA E PIÑEIROS
Os escolares recibiron os diplomas de cada aula de mans da alcaldesa, Marián Ferreiro, que estivo acompañada polo edil de Seguridade Cidadá, Román Romero; por Sonia López, do equipo de Educación Viaria de Narón e Cheiling Venegas, promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia, en Costa Rica
Narón, 12 de maio de 2021. Alumnado de sexto curso do colexio da Gándara e de quinto de Primaria do de Piñeiros recibiu hoxe de mans da alcaldesa, Marián Ferreiro, o diploma que acredita a participación da súa aula nos Consellos de Participación Infantil organizados polo Concello a través do equipo de Educación Viaria de Narón. Ao acto acudiu tamén o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, unha das responsables do equipo de Educación Viaria do Concello, Sonia López, e Cheiling Venegas, promotora social de Xestión Vial da Municipalidade de Heredia (Costa Rica), que participa estes días nunha pasantía en base a un convenio entre Narón e Ciudad de Heredia para compartir experiencias sobre proxectos de educación viaria. No colexio da Gándara a alcaldesa felicitou ao alumnado, que a través dos Consellos de Participación Infantil presentou unha proposta para cubrir o skatepark da Gándara e construír un parkour, actuacións que no seu día trasladaron ao edil de Obras, Pablo Mauriz, para analizar a súa viabilidade. Tamén felicitaron os representantes do goberno local ás alumnas e alumnos do centro de ensino de Piñeiros, que solicitaron o repintado das pegadas do Camiño Escolar Seguro cara ao centro e a instalación de semáforos con aviso sonoro para o paso de peatóns. Ferreiro e Romero destacaron o éxito desta convocatoria e valoraron “o esforzo que realizou o alumnado e profesorado dos centros que participou nestes Consellos, aos que temos que agradecer cada unha das propostas plantexadas e encamiñadas a definir o futuro da cidade”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal