Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROXECTO DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE CON ADOLESCENTES EN CENTROS DE ENSINO, NO CATÁLOGO DE EXPERIENCIAS LOCAIS DE XUVENTUDE REDSIJ 2021
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o recoñecemento do Injuve ao proxecto impulsado polo Concello e dirixido ás rapazas e rapaces da cidade
Narón, 13 de maio de 2021. A directora da División de Programas do Instituto de la Juventud de España (Injuve), Tania Minguela, remitiu unha carta á alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, para comunicarlle que o proxecto municipal de Educación para a saúde con adolescentes en centros escolares resultou seleccionado e incluído no Catálogo de Experiencias Locais de Xuventude Redsij 2021. No citado catálogo figuran algo máis dun centenar de proxectos e actividades cuxo obxectivo é poñer en común diferentes experiencias que se levan a cabo a nivel local e rexional e coñecer tamén de primeira man o labor que nese ámbito se desenvolve dende as administracións locais, entre outras. Artes e cultura, Emancipación: vivenda, formación, emprego e axudas, emprendemento, igualdade, Información Xuvenil e Participación Cidadá, Medio Ambiente, Ocio e Tempo libre, Saúde e Voluntariado forman parte das áreas temáticas nas que se agrupan as convocatorias presentadas. O proxecto municipal de Educación para a saúde con adolescentes en centros de ensino de Narón está na convocatoria de boas prácticas. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que nesta convocatoria inclúense "os obradoiros de Nutrición saudable, Prevención de condutas adictivas, Fomento das habilidades sociais e Asesorías de sexualidade, estas tres últimas impartidas en tres centros de ensino da cidade”. Así mesmo a alcaldesa, destacou que no traballo se implicou alumnado de terceiro, cuarto de ESO e Bacharelato dos centros educativos de Narón. “Queremos agradecer a selección deste programa para formar parte do Catálogo de Experiencias Locais de Xuventude Redsij 2021 porque supón todo un recoñecemento a un traballo que levamos realizando durante varios anos con rapazas e rapaces da cidade e no que se abordan temas de gran importancia a nivel formativo”, subliñou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal