Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 2,04 MILLÓNS DE EUROS O CONTRATO DE SUBMINISTRO ELÉCTRUCO EN SERVIZOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DURANTE DOUS ANOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recalcou que se valorará especialmente que a procedencia de máis do 50% do subministro sexa de fontes de orixe renovable
Narón, 13 de maio de 2021. O Concello licita nun máximo de 2,04 millóns de euros o contrato de subministro eléctrico nas dependencias, servizos e instalacións técnicas do Concello de Narón por un prazo dun ano máis unha posible prórroga doutro ano. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que os plegos deste anuncio están xa na Plataforma de Contratación do Sector Público e avanzou que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 9 de xuño ás 15.00 horas. “A través desta licitación garantirase a subministración de edificios e instalacións do Concello, priorizando a calidade e tamén o máximo aforro no prezo de adquisición da enerxía eléctrica, así como as melloras na xestión e consumo e prestando especial atención ao consumo de enerxías de orixe renovable”, recalcou a alcaldesa. Ferreiro explicou que “unha das condicións especiais de execución, de obrigado cumprimento, é que como mínimo o 50% da enerxía subministrada pola empresa adxudicataria teña garantías de proceder de fontes renovables”. Así mesmo, indicou ao respecto que nas ofertas que se presenten a este procedemento valorarase nun 75% o prezo do subministro e o 25% restante “será para valorar que ese orixe da enerxía de fontes renovables supere o 50% mínimo establecido no contrato”. A alcaldesa recalcou que se trata “dun procedemento no que temos un compromiso para acadar o prezo máis competitivo e tamén a maior porcentaxe de enerxía renovable no subministro”. Deste xeito, recordou Ferreiro, “dende o Concello de Narón continuaremos apostando polas enerxías renovables e daremos cumprimento á maior brevidade a un dos compromisos adquiridos no momento no que nos adherimos ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que é o de acadar un mínimo do 40% no uso do consumo de enerxías renovables no subministro eléctrico no ano 2030”. No contrato agruparanse 271 puntos de subministración eléctrica en alta e baixa tensión, correspondentes ás instalacións receptoras de alumeado público, edificios administrativos, instalacións deportivas, escolas e outras do Concello. Todas elas, tal e como se recolle no documento, agruparanse nas modalidades de alumeado público, edificios municipais, deportes, ensino, rede semafórica e Pazo da Cultura no momento da facturación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal