Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS "ESTRELA DO DÍA" E "CUBO"
Unha comedia e unha peza de teatro xestual centrarán a programación cultural no Pazo e para a que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles
Narón, 18 de maio de 2021. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos da programación do primeiro semestre do ano do Padroado da Cultura. Este sábado, día 22, poderase ver a partir das 20.00 horas a comedia “Estrela do día”, da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Trátase, tal e como indican, dunha comedia divina, chea de cor e música, ao tempo que de misterio e humor na que os personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días. A obra é unha visión actualizada dos milagres de Santa María aplicados aos problemas actuais, que se solventan pola intervención milagreira de María a base de aparicións. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Na xornada do domingo será o turno do teatro xestual, dirixido a público familiar e infantil. Nesta ocasión a compañía Elefante Elegante representará -18.00 horas- a obra “Cubo”, un espectáculo de teatro de movemento no que un cubo de dous metros de lado no que habitan dous personaxes que xogan, cantan, rin e pelexan, preside a escena. “Cubo” fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar. As entradas neste caso teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante e de 5,50 euros para menores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal