Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCIÓN FORMATIVA DE PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que se ofrecen un total de quince prazas para esta convocatoria, que se levará a cabo no mes de xuño
Narón, 21 de maio de 2021. O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 24, o prazo de inscrición nunha acción formativa de Preparación Competencias Clave nivel 2 (Matemáticas, lingua castelá e galega). Así o anunciou a edil de Formación, Natalia Hermida, que avanzou que o curso, cun total de 60 horas, se impartirá do 7 ao 23 de xuño nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Esta acción do Programa Municipal de Formación diríxese a persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos. O curso impartiranse de luns a venres en horario de 9.15 a 13.50 horas (aproximadamente) e poderán realizalo un máximo de quince persoas. Á hora de seleccionar ao alumnado, tal e como indicou Hermida, terán prioridade aquelas persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocadas pola Xunta de Galicia (baixo a resolución do 26 de febreiro de 2021-DOG do 5 de marzo de 2021). As persoas que se atopen nesta situación deberán presentar xunto coa instancia das novas accións formativas unha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas de Competencia Clave de nivel 2 da citada convocatoria. O prazo de inscrición manterase aberto ata o vindeiro día 31 de maio ás 13.30 horas. As persoas interesadas poden acceder ao formulario de solicitude a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou no Rexistro Municipal do Concello, neste último caso en horario de 8.30 a 13.30. Así mesmo, poderán inscribirse a través dos restantes medios contemplados no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información sobre esta acción formativa de Preparación Competencias Clave nivel 2 pódese chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109). Tamén se pode consultar a Sede Electrónica do Concello e a web municipal –www.naron.es- no apartado de Formación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal