Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS 470 PERSOAS PARTICIPARON NA ENQUISA EN LIÑA DO ESTUDO "CONCILIACIÓN EN TEMPOS DE COVID-19"
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, agradeceu a implicación dos participantes e avanzou que o resultado final do estudo se presentarase a finais do vindeiro mes de xuño
Narón, 25 de maio de 2021. Un total de 467 persoas participaron no estudo “Conciliación en tempos de covid-19” impulsado dende o Concello cubrindo unha enquisa en liña na que tiveron a oportunidade de compartir a súa experiencia de conciliación durante a pandemia. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que “nestes momentos estamos traballando na segunda fase deste proxecto” e avanzou que xa se convocou un grupo de debate con alumnado do colexio Ponte de Xuvia e tamén outro con familias do alumnado no Centro Cívico Social de Xuvia. García avanzou que o vindeiro 31 de maio está programado un último grupo de debate desta iniciativa no que participarán familias do barrio da Solaina. “O obxectivo destes faladoiros é coñecer de primeira man os relatos da situación que viviron as veciñas e veciños de Narón, tanto adultos como menores, e tamén a que seguen a vivir neste proceso no que nos atopamos de regresar pouco a pouco á normalidade”. A edil naronesa agradeceu a colaboración de todas as persoas que están participando nas actividades organizadas a través do estudo “Conciliación en tempos de covid-19” e indicou que a finais do vindeiro mes de xuño presentaranse os resultados.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal