Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE DEPORTES PARTICIPARON NUNHA INICIATIVA DO COLEXIO JORGE JUAN SOBRE O FUNCIONAMENTO DE CÓDIGOS QR NO PARQUE BIOSAUDABLE DE XUVIA
Marián Ferreiro e José Oreona felicitaron aos escolares de sexto de Primaria do centro que traballaron nesta iniciativa, así como ao persoal docente
Narón, 25 de maio de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse esta mañá ao parque biosaudable do paseo marítimo de Xuvia para acudir a un acto convidados por alumnado do colexio Jorge Juan. Escolares de sexto curso de Primaria deseñaron uns códigos QR que colocaron nos equipos do citado parque e que redirixen a uns vídeos tamén gravados por eles nos que explican o seu funcionamento. Ferreiro e Oreona comprobaron en primeira persoa o funcionamento dos códigos e felicitaron ao alumnado polo traballo realizado nas aulas para poder materializar esta iniciativa. As rapazas e rapaces explicáronlles aos representantes do goberno local que previamente realizaron un traballo nas aulas interdisciplinar, no que se combinaron materias como Ciencias e Educación física, estudando os músculos e os ósos, así como o funcionamento e as características de cada equipo do parque, sobre o que se informaron nas aulas de informática. Ferreiro incidiu no “intenso traballo realizado dende hai varias semanas no centro co apoio do persoal docente para poder levar a cabo esta gran iniciativa”. Así mesmo, reiterou o seu agradecemento polo convite a esta primeira xornada na que colocaron os códigos QR en cada un dos equipos. “É un orgullo coñecer o traballo previo que fixestes e ver o excelente resultado hoxe aquí con vós, polo que vos animo a continuar traballando nesta liña, facéndonos as propostas que consideredes oportunas para mellorar cada día entre todas e todos a nosa cidade, algo para o que contaredes en todo momento co apoio do Concello de Narón”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal