Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO IES AS TELLEIRAS E DO CPR SANTIAGO APÓSTOL ASISTE Á PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "NOITE IRISADA"
O Concello impulsou esta convocatoria para sensibilizar ás mozas e mozos sobre a diversidade sexual e a igualdade entre as persoas
Narón, 27 de maio de 2021. Alumnado de terceiro curso de ESO do IES As Telleiras e asistiu á proxección do documental “Noite irisada”, da Deputación da Coruña e dirixido por Begoña V. Campaña, que tamén verá o 21 de xuño alumnado de cuarto da ESO do CPR Santiago Apóstol. As concellerías de Igualdade, Benestar Social e Ensino, dirixidas polas edís Mar Gómez, Catalina García e Mercedes Taibo, respectivamente, impulsaron esta iniciativa de cinefórum –de unha hora de duración- trala que as rapazas e rapaces reflexionan, nun debate, sobre a loita do colectivo LGTBI en Galicia e as percepcións actuais sobre a visibilización da diversidade sexual. O filme “Noite irisada” é un relato da loita dos colectivos LGTBI en Galicia e ofrece unha visión xeral dos cambios socioculturais que se sucederon ao longo da historia –homosexualidade, homofobia, represión franquista…-. O documental foi nomeado aos Premios Mestre Mateo do ano 2020 e amosa o testemuño de varias persoas que viviron a súa condición sexual na clandestinitdade, activistas que loitaron por dereitos fundamentais e, en definitiva, sobre o amor, o respecto e a loita. A través destas proxeccións, tal e como indicaron as edís naronesas, “sensibilízase ao alumnado sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero”. Estas actividades son a antesala doutras que xa están programadas dende o Concello para o vindeiro mes de xuño e coas que se conmemorará o Día Internacional do Orgullo LGTBI, o 28 de xuño.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal