Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 88.000 EUROS A REDACCIÓN DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE DE NARÓN QUE SE COFINANCIARÁ CON FONDOS FEDER
A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o vindeiro 11 de xuño
Narón, 1 de xuño de 2021. O Concello licita en 88.000 euros a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Narón, unha actuación enmarcada nos proxectos cofinanciables polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 e enmarcado na Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que as empresas interesadas poden presentar ofertas ata o vindeiro 11 de xuño ás 15.00 horas, dispoñendo de toda a información sobre o procedemento na Plataforma de Contratación do Sector Público. A alcaldesa explicou que se trata dun plan a través do que se optimizarán os parámetros de mobilidade, accesibilidade e seguridade, tal e como consta no documento. “Planificaranse e programaranse as actuacións de todas as áreas que afecten á mobilidade do Concello a través deste plan de mobilidade, no que se recollerán os elementos necesarios para coordinar por exemplo os medios de transporte e tamén se mellorarán espazos públicos e se continuará avanzando en materia de accesibilidade”, apuntou Ferreiro. Entre os obxectivos do Plan están, tal e como se recordou, a redución de emisións acústicas e gases contaminantes, a racionalización dos modos de transporte, a potenciación da mobilidade sostible, a creación de redes funcionais para peatóns, escolares e ciclistas, a previsión de áreas de aparcamento, a participación cidadá… “En definitiva, trátase de actuacións sobre as que en Narón temos xa un camiño avanzado porque levamos varios anos centrándonos na importancia de mellorar a mobilidade e a accesibilidade, proxectando anualmente varias obras encamiñadas a acadar ese obxectivo”, apuntou a alcaldesa. O Plan de Mobilidade estruturarase nunha primeira fase de análise e diagnóstico da situación actual –cun prazo máximo de catro meses- e outra de elaboración propia do PMUS –outros catro meses- con propostas de actuación e dando tamén cabida á cidadanía para que participe na proposta de actuación. No equipo de traballo estarán profesionais do planeamento, mobilidade, transporte e accesibilidade universal. .

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal