Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SORTEO DAS PRAZAS DO PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIAVERÁN REALIZARASE MAÑÁ NO CONCELLO
A listaxe das persoas admitidas e as que quedarán na lista de agarda poderá consultarse tamén a partir de mañá na web municipal
Narón, 3 de xuño de 2021. A sala de prensa do Concello acollerá mañá venres, día 4, ás 10.00 horas, o sorteo público das prazas correspondentes ao programa municipal ConciliaVerán, dirixido a menores nados entre 2009 e 2017. O resultado do sorteo co nome dos menores con praza adxudicada e os que quedarán na lista de agarda poderase consultar a partir de mañá tamén na web municipal. O programa, que se impulsa co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, ofertou un total de 90 prazas e impartirase do 28 de xuño ao 3 de setembro –en varias quendas- no CRA de Domirón. Trátase dunha iniciativa de balde e na que os menores participarán en varias actividades de carácter formativo e lúdico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal