Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O POLÍGONO DE RÍO DO POZO ACOLLERÁ OS DÍAS 11, 12 E 13 DE XUÑO A PRIMEIRA EDICIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN"
Os edís de Feiras e Mercados e Promoción Económica, Santiago Galego e David Pita, respectivamente, presentaron hoxe o evento no Concello
Narón, 4 de xuño de 2021. Os edís de Feiras e Mercados e de Promoción Económica, Santiago Galego e David Pita, presentaron hoxe a primeira edición da Feira do Motor de Narón, que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xuño no polígono de Río do Pozo. Galego indicou que a convocatoria reunirá uns 300 vehículos novos, de ocasión e quilómetro 0 de trece concesionarios. “O pasado ano tivemos que aprazar este evento debido á situación sanitaria”, recordou Galego, que considera “moi importante esta feira porque estamos nunha zona moi vencellada ao mundo do motor e este é un atractivo máis que non queriamos deixar pasar”. A través da páxina web: feiradomotornaron.es poderase consultar toda a información deste evento. Levarán vehículos e ofrecerán descontos os concesionarios Corgal Automóviles, Gándara Motor, Autos Ferrol, Movilría, Anta Motor, Priorauto, Integral Automoción, Finisterre Motor, Grupo Caeiro, Autogándara, Gonzacar, Manuel Rey y Grupo Breogán. Os vehículos poderán verse no estacionamento de camións de Río do Pozo -fronte á nave loxística de Lidl- e o acceso será de balde –con control e limitación de aforo- os tres días entre as 10.00 e as 21.00 horas. Así mesmo, colaborarán as firmas Electric Sun Mobility (ESM), que ofrecerá asesoramento de balde sobre mobilidade sostible; a Asociación de usuarios de vehículos eléctricos (AUVE), que levará unha mostra deste tipo de vehículos e ofrecerá a posibilidade de compartir experiencias persoais co público asistente; o Motoclub Fojeteiros, que mantén a súa actividade en Narón e é tamén representante do sector do motor; e o Auto Club Clásicos Narón, que levará vehículos de 40 anos ou máis de antigüidade. Galego subliñou tamén a vinculación da cidade ao mundo do motor, citando o éxito de convocatorias como a concentración moteira do Motoclub Fojeteiros e tamén o Rally de Narón. Pola súa banda, o edil de Promoción Económica destacou a importancia de apoiar ao sector da automoción “un dos máis fortes da comarca en número de empresas e que debido á reducción da mobilidade polas restricións da covid-19 rexistrou estragos importantes na súa facturación, que esperamos que alomenos poidan paliar parcialmente con este evento”. Pita asegurou que “ao mesmo tempo queremos poñer en valor o polígono de Río do Pozo, para que as empresas que se queiran instalar saiban que as acolleremos de moi bo grao”. Finalmente, os edís naroneses convidaron á cidadanía de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita e agradeceron a implicación de todas as empresas e entidades que estarán presentes esa fin de semana na Feira do Motor, que xorde con intención de consolidarse nos vindeiros anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal