Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EDIL DE MEDIO AMBIENTE DESPRAZOUSE HOXE AO VAL CON TÉCNICOS DA XUNTA CON MOTIVO DA PRAGA DE MOSCAS REXISTRADA NA PARROQUIA
O edil responsable da área medioambiental, Santiago Galego, indicou que o persoal técnico explicou que a situación responde a un desequilibrio medioambiental cíclico
Narón, 4 de xuño de 2021. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, desprazouse novamente esta mañá á parroquia do Val para realizar con persoal técnico da Xunta un seguemento da praga de moscas rexistrada en varios lugares da parroquia do Val: Quintá, As Carballedas, Penela e Lobeiro, principalmente. O edil naronés explicou que, tal e como trasladaron, “a situación responde a un desequilibrio medioambiental cíclico xerado polo microclima desa zona, moi protexida polas montañas e preto do mar”. Galego asegurou que continúa sen aparecer o foco emisor do problema “pero continuaremos traballando e en contacto permanente coas veciñas e veciños da zona co obxectivo de poder detectalo e procurar unha solución”. O concelleiro de Medio ambiente recordou á veciñanza que no caso de que se detecte algunha situación sospeitosa dese foco, como por exemplo a aparición repentina de moitos paxaros nunha zona concreta, se alerte á Policía Local. “Trátase dunha situación moi complicada para as veciñas e veciños da parroquia, que cada día teñen que afrontar limitacións como non poder abrir as fiestras debido a esta praga de moscas para a que confiamos en poder atopar o foco e, conxuntamente cos técnicos da Xunta, ofrecer canto antes unha solución”, recalcou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal