Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RELANZA A PLATAFORMA NARÓN PARTICIPA PARA ESTENDER O SEU USO ENTRE A CIDADANÍA E O TECIDO ASOCIATIVO
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás entidades que traballan en Narón a solicitar un espazo nesta web para dar a coñecer o seu traballo
Narón, 10 de xuño de 2021. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou que o Concello relanzará o espazo virtual: https://www.naronparticipa.es/ co obxectivo de continuar dando a coñecer á cidadanía en xeral e ao tecido asociativo en particular o traballo que se realiza nesta plataforma. “A través da Escola de Participación Cidadá de Narón elaboráronse dous elementos comunicativos, unha guía visual e un vídeo explicativo para presentar todas as posibilidades que ofrece esta plataforma e tamén como rexistrarse na mesma”, apuntou García. Estes documentos poden consultarse nas redes sociais da Escola de Participación Cidadá e tamén do Concello. “A plataforma Narón Participa é moi innovadora e versátil e está aberta ás achegas que nos queira realizar a veciñanza, permitindo tamén dar visibilidade ao tecido asociativo do Concello e dinamizar a participación cidadá”, destacou García. Realizar propostas sobre procesos participativos en curso, informarse sobre as convocatorias dos Consellos Territoriais e revisar as súas actas, informarse sobre o tecido asociativo da cidade… son algunhas das funcións desta plataforma. García animou ás entidades que traballan en Narón a solicitar un espazo propio dentro desta web no que poderán visibilizar o seu traballo e compartir novas, crear eventos, actualizar os seus datos de contacto e redes sociais, compartir documentos de interese para as asociacións…. “Todas aquelas entidades interesadas deben poñerse en contacto coa Escola de Participación de Narón, a través do correo: escolaparticipacion@naron.es ou do número de teléfono 603 865 413.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal