Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NA ENTREGA DAS TEIXEDELAS A ALUMNADO DO CPI ATIOS DE VALDOVIÑO QUE PERCORREU O CAMIÑO DE SAN ANDRÉS
Marián Ferreiro desprazouse ao santuario cedeirés para recibir aos escolares xunto coa directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e os rexidores de Cedeira e de Valdoviño, Pablo Moreda e Alberto González, respectivamente
Narón, 10 de xuño de 2021. O alumnado de 6º curso de Primaria do CPI Atios de Valdoviño xa non sufrirá a lenda que acompaña a San Andrés e que reza:«o que non vai de vivo vai de morto pero convertido en insecto ou lagartixa». Este mediodía, preto dos 60 estudantes que integran as tres aulas do curso completaban a súa peregrinaxe ao santuario erixido na honra do Apóstolo. Completaban así os 24 quilómetros que separan o templo sito en Cedeira do centro escolar. Unha ruta máxica que rapaces e rapazas, acompañados polos seus profes, realizaron en 3 etapas:a primeira, previa á Semana Santa, entre o CPI e a Capela da Fame; a segunda, hai un mes, entre este último punto e a parroquia de San Román, xa en Cedeira, e de alí ao final do Camiño. Un camiño que arranca no Mosteiro do Couto, na cidade de Narón, enlaza con Valdoviño e conclúe en Cedeira. Esa unión viuse precisamente representada hoxe en San Andrés. Ata alí acudían os alcaldes e a alcaldesa dos tres municipios, Marián Ferreiro, Pablo Moreda e Alberto González. Acompañados da directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, recibían aos alumnos e alumnas ao pé do santuario, e facíanlles entrega das Teixidelas, unhas tarxetas que acreditaban a súa condición de «gardiáns do camiño vello a San Andrés de Teixido». Un camiño que os tres municipios teñen especial interese en promover e potenciar e que serviu de escenario privilexiado este curso do programa educativo do CPI Atios, co que busca fomentar hábitos saudables a través da práctica deportiva, o contacto coa natureza e o coñecemento do territorio. Un programa co que combater o sendentarismo que se está a instalar entre a mocidade, especialmente a raíz da pandemia da covid-19.Sen dúbida, e tralo éxito deste ano, o proxecto terá continuidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal