Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE E ÓRGANOS DE GALICIA ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O luns 14 e o martes 15 o vehículo estará operativo nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en horario de mañá e tarde
Narón, 11 de xuño de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Sangue e Órganos de Galicia (ADOS) desprazarase a vindeira semana á cidade. Na xornada do luns, día 14, e o martes 15 o vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións do centro de saúde do Alto, en ambos casos de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 a 21.00 horas. Debido á actual situación sanitaria indican dende ADOS que é desexable solicitar cita para doar, chamando ao número de teléfono 900 100 828 e graduar deste xeito a afluencia de doadores/as. As persoas que acudan a doar deben almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. É preciso levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Cada día ADOS despraza dúas unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal