Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO ACOLLEU HOXE O REMATE DAS ESCOLAS DE FAMILIA CUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, acompañaron ás familias que participaron hoxe nesta convocatoria
Narón, 12 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse esta mañá á área recreativa de Pedroso para participar na xornada de convivencia na que estiveron tamén persoas que nos últimos meses acudiron ás Escolas de Familia. Ferreiro agradeceu ás familias “o feito de que participedes nesta actividade, que é unha plataforma a través da que conxuntamente se poden compartir as inquedanzas que poden xurdir en materia educativa e cunha atención individualizada para centrarse en cada caso concreto”. Na mañá de hoxe un grupo de menores cos seus pais e nais participaron en Pedroso en varias actividades en familia, pensadas tamén para favorecer o vínculo afectivo entre eles. Algunas das propostas da xornada coa que rematan as Escolas de Familia deste curso foron un obradoiro de plantas aromáticas, outro de pegadas de animais e xogos en familia, a través dos que se traballaron a confianza e a comunicación. A alcaldesa entregoulles aos asistentes un diploma que acredita a súa participación nas Escolas de Familia, dirixidas a persoas con fillas e fillos escolarizados en centros de ensino da cidade e enmarcadas no programa municipal de Educación Extraescolar. Obradoiros de prevención de ludopatías, charlas sobre prevención de drogodependencias, manexo de emocións, xestión de conflitos, control do estrés… forman parte dos contidos abordados nesta actividade. “Quero agradecer a implicación das familias que formaron parte desta actividade, presencialmente ou vía telemática e tamén á xente que o fixo posible debido a que a situación sanitaria deste último ano tamén condicionou o desenvolvemento das mesmas”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal