Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN SILENCIOSA ANTE O CONCELLO PARA DENUNCIAR OS ÚLTIMOS CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O Consistorio sumouse este mediodía á proposta da Federación Española de Municipios e Provincias
Narón, 14 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía, ás 13.00 horas, a concentración silenciosa contra a violencia machista que tivo lugar ás portas do Concello. O Consistorio sumouse á proposta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para denunciar os últimos casos de violencia de xénero. Dende a FEMP recordouse que dende o ano 2013 foron asesinados 41 menores e 1.096 mulleres por violencia machista. Nos últimos días rexistráronse os peores desenlaces dos casos rexistrados en Tenerife (coas menores Olivia e Anna) e tamén en Sevilla (Rocío, tamén menor). “Unha vez máis concentrámonos para denunciar publicamente a violencia machista, en calquera das súas manifestacións”, asegurou Ferreiro na concentración, á que tamén acudiron representantes dos grupos políticos da corporación local e persoal do Concello. A alcaldesa agradeceu a participación das persoas que se sumaron á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social que está acabando con tantas vidas inocentes”.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es