Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE INGLÉS PREPARATORIO PARA A OBTENCIÓN DO NIVEL B1
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo de inscrición permanecerá aberto dende mañá ata o vindeiro 22 de xuño
Narón, 14 de xuño de 2021. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo, mañá martes, dun curso de Inglés preparatorio para a obtención do nivel B1. A convocatoria oferta un total de quince prazas e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. Hermida avanzou que o curso consta dun total de 220 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 1 de xullo ao 8 de outubro –de luns a venres de 9.00 a 12.30 horas-, segundo as actuais previsións. Programouse nesas datas, tal e como indicou a edil, para coincidir coas de celebración dos exames para a obtención da titulación do nivel B1. Esta acción formativa terá unha parte de contidos gramaticais (verbos, artigos, pronomes, estruturas de frases en inglés, números, condicionais, manexo básico das construcións lingüísticas…) e outra de contidos léxicos (ámbitos de comunicación –persoal, público, profesional e educativo-, vocabulario relacionado con diferentes áreas –presentación, profesións, compras, traballo, estilo de vida, institucións, medios de comunicación…)-. As solicitudes poden presentarse dende mañá -as 8.30 horas- ata o 22 de xuño –ás 13.00- no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. No Rexistro do Concello o horario de presentación será de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro e o listado provisional das persoas admitidas, suplentes e excluídas publicarase na Sede Electrónica do Concello. O alumnado seleccionado será informado telefonicamente da súa admisión para confirmar a praza. A listaxe definitiva publicarase tamén na Sede Electrónica. As persoas que desexen recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109) ou na páxina web do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal