Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADO O PROGRAMA "COLEXIOS SEGUROS" NA CÁTEDRA DE PROTECCIÓN CIVIL E XESTIÓN DE EMERXENCIAS
A alcaldesa de Narón e vicepresidenta da Mancomunidade, Marián Ferreiro, presidiu o acto, ao que tamén acudiron representantes doutros concellos, a vicerreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla, e alumnado dos colexios Ponte de Xuvia e CPI O Feal
Narón, 14 de xuño de 2021. O campus da Universidade de Ferrol acolleu esta mañá, ás 11.00 horas, o acto de presentación do proxecto “Colexios seguros”. A alcaldesa de Narón e vicepresidenta da Mancomunidade presidiu a Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias na que se enmarcou este evento e ao que tamén acudiron, entre outros, representantes dos gobernos locais dos concellos da Mancomunidade e a vicerreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla. Alumnado dos colexios Ponte de Xuvia e do CPI O Feal participaron tamén nesta convocatoria, ao ser os que participaron nun proxecto piloto que se levou a cabo antes da pandemia pola Covid-19 tanto no Ponte de Xuvia como no CRA do Val (os escolares deste último actualmente están escolarizados no CPI do Feal). Na convocatoria presentáronse unhas unidades didácticas para traballar nas aulas, que se entregarán a partir do vindeiro mes de setembro nos centros de ensino dos concellos que forman parte da Mancomunidade. O obxectivo é, tal e como explicou Ferreiro, “difundir métodos de autoprotección e primeiros auxilios entre o alumnado dos centros educativos, ofrecéndolle ao profesorado o material preciso para levar a cabo o traballo nas aulas”. Así mesmo Ferreiro destacou o traballo realizado dende a Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, entidade promovida pola Universidade da Coruña e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es