Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS OBRADOIROS DE CREACIÓN MUSICAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO CONTINÚAN COA GRAVACIÓNDO TEMA "PREME O ÓN"
As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, e o concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, reuníronse onte na Cas da Mocidade coas participantes neste programa
Narón, 15 de xuño de 2021. As edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse onte xunto co concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, á Casa da Mocidade para visitar ás rapazas que participan nos Obradoiros de creación musical con perspectiva de xénero organizados polo Concello. A pasada fin de semana comezaban eses obradoiros que continúan esta semana, concretamente onte co ensaio de voces –de 18.30 a 19.30 horas- e seguirán mañá coa gravación nun estudo da canción “Preme o ÓN” que compuxeron nos obradoiros. Este venres na Casa da Mocidade, de 17.00 a 18.30 horas terá lugar o ensaio do videoclip que protagonizarán as participantes e que se gravará o sábado pola mañá, co fin de rematar esta convocatoria. Unha vez rematado publicarase nas redes sociais, a través do Facebook do Concello –Concello de Narón- e de Instagram –@creacionmusicalnaron-. O obxectivo desta iniciativa é concienciar e sensibilizar ás mozas e mozos sobre as violencias machistas que se agochan nun xénero musical moi escoitado pola mocidade, o reguetón. As dúas edís e o concelleiro que onte se reuniron coas participantes destacaron o traballo realizado, xa que tiveron a oportunidade de escoitar en primicia o tema “Preme o ÓN”, do que destacaron o resultado. A iniciativa está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal