Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA SOCIEDADE CULTURAL E RECREATIVA DE PEDROSO
Marián Ferreiro e Flor del Valle asinaron o documento no que se contempla a achega económica do Concello e os compromisos da entidade
Narón, 16 de xuño de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, Flor del Valle, asinaron o convenio de colaboración do Concello coa citada entidade. Á cita acudiu tamén o secretario da citada entidade, Eduardo Muñoz. En base a este acordo, que contempla unha achega municipal de 5.500 euros, regúlase o marco de cooperación entre o Concello e a SCR A Pombiña para a cesión das instalacións da entidade no ámbito da promoción cultural e o desenvolvemento de actividades culturais e de lecer. O Consistorio poderá executar no local de A Pombiña programas e actividades, debendo a entidade armonizar os horarios da programación de ambos. Así mesmo, as actividades culturais realizadas por esta última entidade terán como destinataria a toda a veciñanza da parroquia de Pedroso. Flor del Valle agradeceu a colaboración do Concello de Narón coa Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña e pola súa banda, a alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o labor que ao longo do ano realiza o colectivo na parroquia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal