Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PEÓN FORESTAL E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, destacou que se trata dunha nova acción do Programa Municipal de Formación, financiado polo Consistorio
Narón, 16 de xuño de 2021. A Concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Peón forestal e extinción de incendios, incluído no Programa Municipal de Formación, financiado integramente polo Concello. A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas na cidade. Hermida explicou que “o curso consta dun total de 240 horas e celebrarase, segundo as actuais previsións, do 5 de xullo ao 31 de agosto nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz e en parcelas de prácticas do Concello de Narón”. En total ofértanse 15 prazas e o prazo de inscrición é dende mañá ás 8.30 horas ata o 28 de xuño ás 13.00 horas. “O obxectivo deste programa é facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas da cidade, polo que dende o Concello se continuará traballando nesta liña e ofrecendo outras accións formativas encamiñadas a acadar ese fin”, apuntou Hermida. Prevención de riscos laborais nos traballos de aproveitamento forestal, posta en marcha, manexo e mantemento de maquinaria e ferramenta forestal, aplicación de fitosanitarios, técnicas de extinción de incendios forestais, planificación da seguridade en incendios forestais, primeiros auxilios e comunicacións forman pare dos contidos desta convocatoria. As clases impartiranse de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00. As solicitudes poden presentarse no Rexistro municipal –de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica de Narón, e a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición no Rexistro. Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Convocatoria_peon_forestal.pdf , a Sede Electrónica de Narón, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal