Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMBIO DE UBICACIÓN DUNHA MARQUESINA DO TRANSPORTE PÚBLICO NA ESTRADA DE CASTELA
O edil de Obras, Pablo Mauriz, explicou que o cambio responde ás necesidades derivadas da construción da glorieta que se executa para dar fluidez no acceso ao novo centro de saúde
Narón, 16 de xuño de 2021. O concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, anunciou o cambio de ubicación dunha marquesiña instalada na marxe da estrada de Castela –en dirección Narón-Neda, concretamente nas inmediacións de INK- e que se trasladou uns sesenta metros cara á rotonda de Freixeiro. As obras que se executan na estrada de Castela, donde se iniciou a construción da rotonda que, á altura do Camiño do Lodairo, permitirá dar fluidez ao tráfico rodado unha vez que estea en funcionamento o novo centro de saúde, levaron a cambiar a ubicación da marquesiña, que pasará a ser definitiva. “Entre o bordillo da isleta da nova rotonda e o da acera non quedará espazo suficiente para que poida realizar a parada un autobús e que continúen circulando vehículos como camións ou outros autobuses, o que interrumpiría o tráfico rodado no tempo que durase a parada”, explicou o edil. A sinalización horizontal xa está pintada e nos vindeiros días procederase a cambiar a estrutura da marquesiña.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es