Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO XEOLOCALIZOU A TRAVÉS DUNHA PLATAFORMA AS PRETO DE 500 COMUNICACIÓNS PARA REALIZAR AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, apelou á responsabilidade para evitar posibles incidentes
Narón, 22 de xuño de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero destacou o traballo realizado nos últimos días para xeolocalizar as 499 comunicacións recibidas no Concello para realizar fogueiras na noite de San Xoán e, a maiores nalgúns casos, tamén para a festividade de San Pedro. “A finalidade deste traballo, que xa realizamos o pasado ano, é ter perfectamente localizadas cada unha das fogueiras que arderán na noite de San Xoán e San Pedro na nosa cidade, o que facilitará o traballo dos servizos de emerxencia no caso de que, ogallá non sexa preciso, se requira a súa presencia por algún incidente”, subliñou Romero. Dende o Concello habilitouse un número de teléfono específico para realizar durante dúas semanas esas comunicacións. O edil naronés recalcou que “os datos dos solicitantes están totalmente protexidos conforme o require a lexislación vixente, polo que a través da plataforma tan só os servizos con acceso á mesma poden consultar a súa ubicación exacta”. Un deses servizos é o do Speis de Narón, “que pode localizar en cuestión de segundos no mapa da cidade cada unha das fogueiras e os datos dos seus responsables para contactar con eles se fose preciso, unha tarefa que resulta imprescindible para minimizar riscos ao acortar tempos e que na zona rural, cunha maior dispersión e donde se rexistran a maior parte das comunicacións, facilita moito o desprazamento dos profesionais do servizo”, recalcou. Das 499 comunicacións rexistradas ata o día de onte, 177 correspóndense coa zona urbana; 66 son da parroquia do Val; 33 de San Mateo; 50 de Castro; 53 de San Xiao; 72 de Sedes; 30 de Pedroso e as 18 restantes de Doso. Romero incidiu na importancia de que se cumpra cada unha das medidas de seguridade establecidas –que se poden consultar nun bando municipal, a través da web www.naron.es- para evitar posibles incidentes, ante os que se debe alertar ao servizo 112.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal