Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO VIDEOCLIP "PREME O ÓN" REALIZADO NOS OBRADOIROS DE CREACIÓN MUSICAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Igualdade, Mar Gómez, e Mocidade, Pablo Mauriz, visionaron o videoclip no Concello coas súas protagonistas
Narón, 22 de xuño de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, a edil de Igualdade, Mar Gómez, e o concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, recibiron esta tarde no Concello ás autoras do videoclip “Preme o ÓN”, realizado no marco dos Obradoiros de creación musical con perspectiva de xénero organizados polo Concello. A través desta iniciativa, María Sánchez Romero, Leixa Fornos Guzmán e Alma Orozco Echéverri, do IES das Telleiras; Alicia Restrebada Rodríguez, do IES Terra de Trasancos e Anahí Munné Barcia, Sara López Vázquez e Carmen Vega Buyo, de centros de ensino de Ferrol e Fene e alumnas da Escola de Teatro de Narón, protagonizan o videoclip. A través de “Preme o ÓN”, composta polas rapazas que protagonizan o videoclip, critícanse letras de cancións de artistas como Maluma, Ozuna e Anuel, para realizar unha férrea defensa da igualdade. Os ensaios de voces precederon á gravación no estudo desta canción, un traballo que tiveron que compaxinar co remate do curso escolar. A finalidade deste traballo é concienciar e, ao mesmo tempo, sensibilizar ás mozas e mozos sobre as violencias machistas que en ocasións se agochan baixo xéneros moi escoitados por eles, como é o caso do reguetón. As rapazas amosáronse satisfeitas co traballo realizado e destacaron a importancia de combatir calquera manifestación de machismo e de sensibilizar á cidadanía ao respecto. O videoclip, que se presentou esta mañá no IES As Telleiras, pode verse dende esta tarde a través do enlace: https://www.youtube.com/watch?v=OSR1Huw3R84. Esta iniciativa financiouse con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es