Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU UNHA PARTIDA DE 85.000 EUROS Á IMPLANTACIÓN DA TECNOLOXÍA LED EN MÁIS DE 400 LUMINARIAS DA ZONA RURAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que a substitución dos puntos de luz permitirá un aforro dun 30% no consumo que se rexistraba con anterioridade nesas luminarias
Narón, 25 de xuño de 2021. O Concello de Narón continúa avanzando na implantación da tecnoloxía led no alumeado público da zona rural. A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que se levaron a cabo actuacións en San Xiao, Sedes e O Feal e que en breve darán comezo as correspondentes á substitución dos puntos de luz de vapor na estrada de Castro a Xuvia por San Xiao. Estas intervencións, en conxunto, suporán un investimento de 85.000 euros. Nos lugares de Placente e Villallonte, en Sedes, cambiáronse un total de 147 puntos de luz de vapor de socio por luminarias con tecnoloxía led, o que permitirá unha rebaixa da potencia por punto, tal e como apuntou Ferreiro, do 30%. Así mesmo, está prácticamente rematada a actuación que nesta mesma área se leva a cabo nos alumeados da estrada do Feal, Río Seco e arredores, donde se instalaron 91 luminarias e que tamén permitirá unha rebaixa do 30% na potencia por punto. A maiores, na parroquia de San Xiao, concretamente no lugar de Pomariño, implantouse a tecnoloxía led en 33 luminarias e nesta mesma parroquia, na estrada de Castro a Xuvia, actuarase nun total de 150 luminarias. “O Concello contratou o subministro do material preciso para realizar estes traballos, sendo persoal municipal do departamento de Servizos Básicos e Mantemento o encargado de substituír as luminarias”, explicou a rexedora local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal