Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NUN CURSO DE "MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE"
A edil de Formación, Natalia Hermida, anunciou que as instancias se poderán entregar ata o vindeiro 2 de xullo (incluído) no Rexistro do Concello
Narón, 28 de xuño de 2021. As persoas que desexen realizar o curso de “Monitor/a de actividades de tempo libre” (titulación oficial) convocado a través do Programa de Formación Municipal poderán aínda inscribirse ata o venres. Así o indicou a edil responsable da área, Natalia Hermida, que explicou que será preciso anotarse a través do Rexistro do Concello ata o vindeiro venres, día 2 de xullo (incluído) en horario de 8.30 a 13.00 horas. Esta acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón. Esta acción formativa consta dun total de 390 horas, que se imparten no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas. Entre os contidos, tal e como figura na convocatoria, abordaranse as áreas de psicoloxía, educación e tempo libre, animación, educación ambiental e natureza, educación para a saúde, e organización e recursos. A parte de prácticas profesionais non laborais en empresas levarase a cabo no horario que se determine en cada empresa, se ben os contidos teóricos se impartirán de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. O alumnado deberá ter o título de Graduado/a en Educación Secundaria, Graduado escolar ou equivalente ou, de non ser o caso, de Técnico/a auxiliar en Formación Profesional ou outro equivalente e presentar un Certificado de ausencia de delitos de natureza sexual, ao esixirse para poder traballar con menores. Para poder recibir máis información sobre esta acción formativa pódese consultar a páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/convocatoria_tempo_libre.pdf, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es