Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INTENSIFICARÁ A VIXILANCIA POLICIAL PARA EVITAR ROUBOS DE CABLE NO SISTEMA DE ALUMEADO PÚBLICO
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, alertou dun lixeiro repunte deste tipo de prácticas no termo municipal naronés
Narón, 29 de xuño de 2021. O Concello de Narón intensificará a vixilancia policial para evitar que se rexistren novos casos de roubo de cableado do alumeado eléctrico en espazos públicos da cidade. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, indicou que nos últimos días se roubaron uns 3.000 metros de cable no sistema de alumeado ubicado no acceso á autopista, na zona de Xuvia-Megasa. Así mesmo, tamén se tentou roubar cableado na zona do parque de Freixeiro nas últimas semanas, tal e como se detectou dende a área de Servizos. “Nos controis habituais que se realizan dende a Policía Local vixíanse especialmente este tipo de actos, que vemos que nos últimos meses están rexistrando un lixeiro repunte na cidade”, asegurou Romero. O edil naronés indicou que precisamente por ese motivo “levarase a cabo un operativo especial, intensificando os controis en determinadas zonas do termo municipal para frear estas situacións”. Así mesmo, Romero recalcou que “estes actos danan infraestruturas municipais, perxudican á cidadanía en xeral e supoñen un gasto ás arcas locais para reparalos e proceder a restablecer o servizo canto antes”. Ao respecto, e ante a posibilidade de observar actitudes sospeitosas neste senso, dende o Concello solicítase a colaboración cidadá para avisar á Policía Local para poder erradicar este tipo de prácticas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal