Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE DE FREIXEIRO ACOLLERÁ EN XULLO "ESPAZO VERDE", UN MERCADO DE DIVULGACIÓN DO COMERCIO LOCAL, ARTESANÍA, OCIO E HOSTALERÍA
Os edís de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentaron o evento, que terá lugar os días 17 e 18 de xullo
Narón, 29 de xuño de 2021. O Concello organiza a primeira edición de Espazo Verde, un mercado de divulgación do comercio local no que tamén se reserva un espazo para a artesanía, o ocio e a hostalería, con zonas claramente diferenciadas. Os concelleiros de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentaron o evento, que se desenvolverá os días 17 e 18 de xullo no parque do río Freixeiro, en horario de 11.00 a 00.00. “O gran obxectivo é resaltar as cualidades do comercio, hostalería e outras empresas do concello, que se desenvolverá ao aire libre e donde se poderá participar en obradoiros impartidos por empresas locais dirixidos a persoas de todas as idades”, apuntou Pita. O edil naronés recordou “o que sufriron as empresas do sector debido á pandemia da Covid-19”, asegurando que este evento “é un xeito de apoialas e darlles visibilidade, apostando polo comercio e o produto local”. Haberá tamén concertos en directo, ao mediodía e pola noite –mantendo as medidas sanitarias en vigor- e exhibicións de artesanía e cestería, así como masterclass de zumba e de ioga, exhibición de hip hop, obradoiros de chapas e slime para nenas e nenos, food trucks e moitas outras propostas. Os establecementos da cidade que queiran estar presentes en Espazo Verde poderán anotarse dende hoxe na web: www.espazoverde.es, a mesma dende a que o público poderá realizar o rexistro de asistencia por trazabilidade da covid-19. Pola súa banda, o edil de Feiras e Mercados destacou que “queremos poñer en valor, como se fixo coa primeira edición da Feira do Motor, os sectores da zona, como o comercio local e de proximidade”. Galego apuntou que se deseñou “un percorrido en diferentes ubicacións do parque donde se sucederán as actividades previstas” e subliñou a oportunidade de “ofrecer este escaparate ás empresas interesadas en participar no evento”. Os edís naroneses avanzaron que se organizarán novos eventos nesta mesma liña e animaron á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta primeira edición de Espazo Verde o vindeiro mes de xullo. As persoas que acudan deberán cumprir o protocolo covid que se anunciará previamente, en función da evolución da situación sanitaria das datas nas que se desenvolverá o evento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal