Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ENTRADAS PARA OS CONCERTOS DE "NOITES Á FRESCA" PODERÁN RETIRARSE A PARTIR DE MAÑÁ
Budiño&Novoa protagonizarán xunto á magnoloa centenaria de Xuvia o concerto do 16 de xullo, e ao día seguinte actuará A Banda da Loba
Narón, 30 de xuño de 2021. As entradas para os dous concertos que se celebrarán na segunda edición de “Noites á fresca” poderán retirarse, de balde, a partir de mañá xoves na web: www.ataquilla.com. O venres 16 de xullo actuarán Budiño&Novoa a partir das 22.00 horas e o sábado 17 A Banda da Loba, nese mesmo horario e en ambos casos xunto á centenaria magnolia de Xuvia. A través deste evento apóstase por impulsar as actividades culturais, neste caso os concertos, en espazos de interese turístico e patrimonial da cidade. Budiño&Novoa interpretarán algúns dos seus éxitos musicais e tamén temas novos creados para este espectáculo e outros versionados. No caso da Banda da Loba tamén cantarán temas propios e musicalizacións de poetas célebres e textos de poemarios de escritoras contemporáneas, ao tempo que presentarán na cidade “Fábrica de luz”, o seu novo traballo”. A música dos profesionais que participan nesta segunda edición de “Noites á fresca” combinarase cunha posta en escena moi coidada, na que a iluminación do espazo cobrará un papel fundamental. En total poderanse reservar 120 entradas para cada un dos concertos programados neste evento.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es