Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
"OVIRAVAI" E "ROGER DE FLOR E A TRIBO" INAUGURARON HOXE O PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
Os espectáculos deste programa municipal, todos eles con entrada de balde, sucederanse en diferentes espazos verdes da cidade todos os domingos do mes de xullo
Narón, 4 de xullo de 2021. As actuacións de Oviravai e Roger de Flor e A Tribo inauguraron hoxe os espectáculos da quinta edición do programa municipal “Verde que te quero verde”. A primeira das citas, dirixida a público familiar e infantil, tivo lugar na Praza Irmás Freire, donde nenas e nenos e tamén maiores desfrutaron dunha xornada de música ao aire libre. O Padroado da Cultura de Narón organizou un ano máis esta convocatoria, que inclúe un total de oito espectáculos, todos eles de balde, durante todos os domingos deste mes. O grupo Oviravai intégrano Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Wlicki e David Álvarez, que interpretaron esta mañá, a partir das 12.30 horas, temas do seu primeiro traballo “As andanzas de Paio”. As cores, as estacións, as vogais, a transmisión de valores como a amizade e a solidariedade estiveron moi presentes neste espectáculo. A continuación deu comezo a actuación dos integrantes de Roger de Flor e A Tribo, con Roger de Flor, Serxio Galego, Silvia Fralleoni e Nicolás Vidal. A combinación de estilos como o folk e o pop, o swing e a bossa… con cancións en galego, castelán, italiano, inglés e portugués, lograron atraer tamén a atención e os aplausos do público durante o espectáculo. A seguinte cita do programa municipal “Verde que te quero verde” terá lugar o domingo 11 de xullo, cando actuarán Paco Nogueiras e Ukestra do Medio na zona verde da rúa 25 de Xullo (Alto do Castiñeiro). O día 18 de xullo será o turno na rúa Francisco Pizarro (A Solaina) de Lydia Botana e Mad Martin Trío e o peche desta edición do programa correrá a cargo de Sérgio Tannus e Emilia y Pablo no parque da rúa da Mariña Española o día 25 de xullo. Todos os espectáculos darán comezo ás 12.30 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal