Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES DENTRO DO PROGRAMA "CONSANAR"
Adicarase este mes ó fomento do exercicio físico e á alimentación sana, a través de accións nos locais sociais do municipio.
Narón, 6 de Novembro de 2009.- O Concello de Narón ven desenvolvendo ó longo deste ano o Programa “CONSANAR” (Naron Concello Saudable), enmarcado no programa “Estilos de vida saudables” promovido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. A Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa as actividades que se desenvolverán este mes dentro do programa CONSANAR, baixo o título “A saúde en cada paso”. Son dous os aspectos fundamentais nos que se traballa: • A actividade física realizada polas persoas como base da saúde, para combater os problemas de sedentarismo. • A alimentacion adecuada como base certa de saúde e de prevención de patoloxías. Tendo en conta que na poboación existen cada vez máis problemas de obesidade e sedentarismo -o que provoca unha reducción importante da saude cardiovascular- e que xunto co tabaquismo son factores que inciden en máis do 75% das mortes e patoloxías graves, resultan imprescindibles as estratexias de educación para a saúde a nivel comunitario. O Concello de Narón, preocupado por este tema e partindo dun traballo integrado nos servizos sociocomunitarios e promovido dende as Concellerías de Sanidade (Ramon Padin); Medio Ambiente (Manuel Ramos); Participación Cidadá, Mocidade e Deportes (Natalia Hermida); Ensino, Igualdade e Maiores (Mª del Carmen Espada) presentou e desenvolveu ó longo deste ano o programa CONSANAR. O Programa CONSANAR mobiliza arredor de duas mil persoas en máis de 30 actividades continuadas ó longo do ano e outras tantas de menor duración: Actividades continuadas como obradoiros de ioga, ximnasia rehabilitadora, ximnasia funcional, paseos saudables, xogos tradicionais saudables, activacion física saudable, cociña saudable, tertulias de nutrición, obradoiros de nutrición en comedores escolares, e actividades puntuais como a “semana sen fume” ou “o día sen fume”, etc. Todas estas accións se desenvolven coa colaboración do movemento asociativo de Narón, o Centro de Saúde, O Grupo de investigación Trasancos, e os centros escolares. Ademáis, proximamente se pedirá a colaboración das farmacias e outras entidades comerciais relacionadas coa saúde e a alimentación. Neste mes de novembro, e logo de case un ano de traballo desenvolvendo estas accions de activación saudable iníciase este mes tematico baixo o lema: “A SAUDE EN CADA PASO” da seguinte maneira: Propoñendo dous obxectivos fundamentais: • Visibilizar cara á cidadania, en cada barrio ou parroquia os grupos de persoas que estan a facer dun xeito activo accións para mellorar a sua saúde • Fortalecer a visión da cidadanía sobre a necesidade de activarse saudablemente, porque é posible facelo de maneira inmediata, a calqueira idade, á beira da casa, e de diversas formas. Para conseguir estes obxectivos o mes temático estrutúrase en pequenas demostracións de activación saudable, obradoiros de cociña saudable, tertulias de saúde e paseos saudables, nos que se fará unha ensinanza sinxela de cada un destes aspectos. Estarán desenvolvidos por persoal técnico en activación física, educadores sociais comunitarios, dietistas e cociñeiros. Estarán participados por grupos de persoas que xa estan implicados nas necesidades e estarán abertos, asimismo, a tódalas persoas que espontaneamente se queiran unir ou experimentar e levaranse a cabo en tódalas parroquias do Concello de Narón, tanto na zona urbana como na rural Este mes temático desenvolverase dende o 9 de novembro ata o 8 de decembro (segundo o cronograma anexo). Vai dirixido a toda a poboación en xeral, e os grupos estarán entre dez e trinta persoas segundo a actividade de que se trate. A forma de participación nestas actividades éaberta. No suposto de querer facelas de xeito continuado habería que inscribirse poñéndose en contacto coas educadoras sociais comunitarias do concello en cada parroquia, nos locais sociais ou no Servizo Sociocomunitario Municipal. Participan na organización do programa as concellerías antes mencionadas ademáis de oito educadoras sociais, un coordinador, unha técnica en educación física, unha dietista e outros profesionais que participarán dun xeito puntual en algunhas actividades. O total do programa CONSANAR supón un gasto específico de máis de 70.000 euros dos que o Concello de Narón aporta directamente case 31.000 euros e a Consellería de Sanidade 40.000 euros. Esta aportación en recursos humanos e materiais, xunto coa poboación mobilizada (arredor de duas mil persoas), da idea da dimensión do programa que o Concello de Narón desexaría continuar no vindeiro ano, sempre que se poida contar coa parte da subvención autonómica.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal