Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS "PEGADAS" OBTIDAS NOS CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS PODERÁN CANXEARSE ATA O VINDEIRO XOVES
O contador de cada alumna e alumno porase a cero o 16 de xullo, polo que no caso de non canxear os puntos, perderanos definitivamente de cara ao vindeiro curso
Narón, 12 de xullo de 2021. Os escolares que participaron no curso 2020-2021 no programa municipal Camiños Escolares Seguros poderán canxear as Pegadas obtidas por agasallos ata o vindeiro xoves, día 15 (incluído). Para facelo, tal e como se recordou dende o Concello, é preciso descargar o vale no que se contabilizan esas Pegadas, podendo facelo directamente a través da páxina: pegadas.naron.es ou da APP Pegadas Narón para a continuación proceder a validalo co persoal do equipo de Educación Viaria de Narón, no Concello. No caso de que eles dispoñan do agasallo elixido xa llo entregarán á alumna ou alumno ou de non ser así, cuñarán o vale para poder recollelo no establecemento indicado. As persoas que teñan algunha dúbida sobre o procedemento poden chamar aos números de teléfono 666 438 222 ou 600 448 730 ou escribir ao correo electrónico: seguridadevial@naron.es. Un centenar de establecementos da cidade participan neste programa, ofrecendo diversos agasallos, e o propio Concello tamén ofrece algunhas opcións, como entradas para espectáculos infantís no Pazo da Cultura, cubrebocas infantís ou libros da Biblioteca municipal. O procedemento completo deste programa e o catálogo de agasallos pode consultarse a través tanto da páxina web como da aplicación do citado programa. O vindeiro 16 de xullo ás 00.00 horas o contador de cada alumna e alumno deste programa porase a cero de cara ao curso 2021-2022, polo que no caso de non canxear os puntos acumulados o pasado curso perderáos definitivamente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal