Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADA NA SEDE ELECTRÓNICA A RESOLUCIÓN FINAL DA XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS A TRAVÉS DO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN IMPULSA"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que o Concello abonou o pasado mes de agosto as subvencións a máis de medio milleiro de empresas e autonómos/as da cidade
Narón, 21 de xullo de 2021. A resolución final da xustificación das subvencións concedidas a través do programa municipal “Narón impulsa” está xa publicada na Sede Electrónica do Concello de Narón –sedeelectronica.naron.es-. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que “as persoas que recibiron estas subvencións, destinadas a empresas e autónomas/os da cidade para paliar os efectos da covid-19 no sector, poden consultar xa o listado no que figuran todos os expedientes e comprobar se cumpriron as bases reguladoras ou se, no caso de non ser así, deben facer algún reintegro”. A rexedora local avanzou que na maioría dos casos se cumpriron as bases e indicou que aqueles beneficiarios/as que teñan que facer algún reintegro poden informarse sobre o procedemento a seguir chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1123). As persoas que o consideren poderán presentar recurso potestativo de reposición durante o prazo dun mes ou contencioso administrativo no prazo de dous meses, tal e como se establece na resolución publicada na Sede Electrónica do Concello. Ferreiro explicou que, “co fin de ofrecer a máxima axuda nos peores momentos ao sector o Concello pagou xa o pasado mes de agosto estas subvencións, axilizando ao máximo os trámites pertinentes para non retrasar o pago”. Así mesmo, recordou que o Concello abonou 1.140.000 euros a algo máis de medio milleiro de empresas/autónomos que solicitaron estas axudas, que foron, según o caso, de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros para cada unha delas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal