Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA XORNADA "CÁÑAMO: CULTIVO E MATERIA PRIMA"
O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou a convocatoria, que terá lugar o 31 de xullo, xunto coa vicepresidenta da Asociación Agroforestal Terra Rendible, Clara Domínguez
Narón, 23 de xullo de 2021. O edil de Promoción Económica, David Pita, e a vicepresidenta da Asociación Agroforestal Terra Rendible, Clara Domínguez, anunciaron esta mañá no Concello a xornada “Cáñamo: cultivo e materia prima”, que terá lugar o vindeiro 31 de xullo na explanada fronte ao local social do Val (entre as 10.00 e as 14.00 horas). Na convocatoria informarase aos asistentes sobre as posibilidades de crear un proxecto propio a partir do cultivo do cáñamo. As persoas que desexen preinscribirse, tal e como explicou Pita, poden facelo de balde remitindo o seu nome completo e un teléfono de contacto á dirección: terrarendible@gmail.com. Hai un total de 50 prazas e cubriranse por orde de inscrición. O concelleiro naronés indicou que “o cáñamo é un produto en alza, que está facéndose un oco entre os cultivos cun valor engadido e unha produción moi diversificada á hora de elaborar diferentes produtos”. Pita amosou a súa confianza en que a convocatoria sexa un éxito e valorou o traballo que está realizando a Asociación Terra Rendible. “Temos que agradecer moito ao Concello que acollese esta iniciativa”, asegurou Clara Domínguez, que recordou que “antigamente xa se plantaba o cáñamo e empregábase incluso para facer calzado, sendo xunto co liño unha das subsistencias reais da terra como algo rendible, que lles producía algo e que eles coidaban”. Así mesmo apuntou que eses aspectos “téñenos que ter moi en conta as novas xeracións, toda esa xente nova que queira traballar no campo e abrir novas expectativas”. Joaquín Argal de Granda e Pepa García Vicente, relatores especializados no cultivo –procedentes de Quiroga e Cataluña- serán as persoas encargadas de informar aos asistentes sobre as cualidades e posibilidades que ofrece o cáñamo e tamén da normativa europea ao respecto. Unha vez rematada a xornada, avanzou Pita, haberá un menú degustación, a cargo de María Isabel Ruíz, no que se poderán probar delicias de cáñamo, focaccia (tomate seco, eiruga e queixo de cabra), raviolis de cogomelos (salsa de trufas) e mini magdalenas de chocolate e amorodo.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es