Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO "CINE DE VERÁN" CONTINÚA MAÑÁ E O VENRES EN PEDROSO E SAN MATEO
A pista poliderpotiva de Pedroso acolle mañá a proxección de "Pets 2" e a de San Mateo o venres a de "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol", en ambos casos ás 22.30 horas
Narón, 28 de xullo de 2021. O ciclo Cine de Verán continuará esta semana na cidade coas sesións programadas para mañá xoves e o venres en Pedroso e San Mateo, respectivamente. A pista polideportiva de Pedroso acollerá mañá, ás 22.30 horas, a proxección da película “Pets 2”. O can Max e os seus amigos Gidget, Mel, Chole, Luke e Pompón, tamén mascotas, comparten unha serie de segredos cando os seus donos non están na casa, pero a vida de Max dará un xiro importante coa chegada dun bebé, Liam, o fillo da súa dona, que o levará a afrontar unha serie de medos. Na xornada do venres día 30 poderase ver na pista polideportiva de San Mateo, tamén ás 22.30 horas, o filme “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”, protagonizada por Mumú, unha vaca, e os seus amigos, Milo, Olga, Alfred, Talao e Rita. Estes últimos teñen un aspecto moi diferente a ela, e están confeccionados con telas moi coloridas. Xogando ve un rebaño de ovellas e envidia a súa cor branca pero logo descobre que en realidade son estrelas e Mumú quere selo tamén, polo que vivirá unha serie de aventuras que a levarán a descubrir que ser diferente aos demais é o que nos fai únicos. O ciclo, con entrada de balde e iniciado o pasado 8 de agosto, impúlsao un ano máis o Padroado da Cultura en colaboración da Deputación da Coruña.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal