Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTE BOLSAS REUTILIZABLES ENTRE AS USUARIAS E USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR DO CENTRO DAS VIVENDAS DA MARIÑA
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse este mediodía ao centro para facer entrega das primeiras bolsas
Narón, 28 de xullo de 2021. O Concello entregou bolsas reutilizables ás usuarias e usuarios do servizo de comedor do Centro municipal de atención ás persoas maiores das Vivendas da Mariña. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse ao centro este mediodía para facer entrega dos primeiros exemplares ás persoas que hoxe recolleron a súa comida nas citadas instalacións. “Queremos contribuír e concienciar á cidadanía, neste caso a un colectivo específico, na importancia de utilizar este tipo de bolsas, que se poden reutilizar”, asegurou a edil. O menú para levar inclúe dous pratos, postre e pan e no caso de solicitalo todos os días da semana ten un prezo de 6,55 euros por día, se ben de facelo en xornadas soltas o prezo é de 7,15 euros. “É un servizo dirixido á cidadanía en xeral pero para o que teñen preferencia as persoas maiores e derivadas dos Servizos Sociais do Concello de Narón”, tal e como recalcou García, que informou que as persoas que desexen solicitalo deben anotarse chamando ao número de teléfono 671 383 596. Na actualidade preto dunha trintena de persoas fan uso a diario do citado servizo, que non se presta de xeito presencial debido á situación sanitaria pero que sí mantivo dende o inicio da pandemia, a excepción dunha semana, o servizo de entrega de comidas, segundo recordou García. Sobre a opción de retomar o servizo de comedor no propio centro a concelleira asegurou que “a intención é retomalo o vindeiro mes de setembro, en horario de 13.00 a 15.00 horas, atendendo aos aforos que se permitan debido á situación sanitaria”. A concelleira naronesa apuntou que esta iniciativa se enmarca no Programa de Atención ás Persoas maiores impulsado a través do Concello.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es