Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ UN OBRADOIRO DO SERVIZO DE APOIO INTEGRAL A COIDADORAS NO MEDIO RURAL
As edís de Benestar Social, Catalina García, e Igualdade, Mar Gómez, presentaron esta iniciativa impulsada a través da Deputación da Coruña e na que colabora a Fundación Mujeres
Narón, 30 de xullo de 2021. O Concello ofrecerá a través da Deputación da Coruña un obradoiro do proxecto “Cuidadanas” enmarcado no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Mujeres. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, polo que se dirixe a mulleres que de xeito non profesional coiden ou coidasen a persoas en situación de dependencia. As edís de Benestar Social, Catalina García, e Igualdade, Mar Gómez, deron a coñecer a convocatoria, anunciando que é de balde e que se será preciso para que se imparta cubrir alomenos oito prazas, tendo preferencia persoas de Narón. O curso desenvolverase os xoves, entre o 23 de setembro e o 25 de novembro entre as 10.30 e as 12.30 horas no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña (rúa San Vicente, 1). Entre os contidos que se abordarán están: Saúde e autocoidado, “Quen coida de min”; Xestión do tempo, “O teu tempo, o teu lecer”; Escoita activa, “Se me escoito, escóitote”; Dixitalizadas, “Manexando o móbil” e Prevención do acoso na rúa. Coa finalidade de mellorar as competencias dixitais das mulleres a través do programa Digitalizadas, da Fundación Mujeres, impartirase un obradoiro de uso de teléfonos móbiles para que desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e reducir deste xeito a fenda dixital de xénero. Neste último abordaranse temas como o uso do móbil intelixente, a xestión do correo electrónico e seguridade nas redes. As persoas interesadas en acudir poden informarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal