Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DO COLEXIO DE XUVIA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A REPRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO "ELEMENTAL"
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e Patricia Romero, integrante da Asociación de Veciños Altea, presentaron o evento no Concello
Narón, 12 de agosto de 2021. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Patricia Romero, integrante da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, presentaron esta mañá no Concello un proxecto que, a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo XXI, xestionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, se levará a cabo na cidade. Taibo avanzou que se trata da representación da obra “Elemental”, de pequeño formato e creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Casal e o pianista Juanjo Fernández. Taibo agradeceu a colaboración da AVV Altea para poder desenvolver este evento e animou á cidadanía, xunto coa representante da entidade veciñal, a acudir ao mesmo. A praza do colexio de Xuvia acollerá a representación o vindeiro martes, día 17, a partir das 21.30 horas. A obra diríxese a público familiar e as persoas que desexen acudir poderán facelo ata completar o aforo, non tendo que dispoñer de entrada. A acción de “Elemental” desenvólvese nun “piano-bar periódico”, no que se mistura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e tamén drama para contar unha serie de historias agochadas na táboa periódica dos elementos. Esta peza teatral estreouse en Naukas Bilbao no ano 2019, no transcurso do maior festival de divulgación científica de España.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es