Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 1 DE SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE INICIACIÓN Á LINGUA INGLESA PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
As prazas cubriranse por orde de inscrición e o alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión
Narón, 23 de agosto de 2021. Os obradoiros de iniciación á lingua inglesa enmárcanse no PROMEDEX (Programa Municipal de Educación Extraescolar) do Concello de Narón. O obxectivo principal é realizar unha inmersión lingüística na lingua inglesa, do alumnado de educación infantil e de primaria, a través dunha metodoloxía lúdica. Están dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria escolarizado en centros de ensino de Narón, organizados en grupos atendendo aos cursos e idades: Grupo I: alumnado de 4º e 5º de educación infantil (3, 4 anos) Grupo II: alumnado de 6º de educación infantil e 1º de educación primaria (5 e 6 anos) Grupo III: alumnado de 2º e de 3º de educación primaria (7 e 8 anos) Grupo IV: alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria (9, 10 e 11 anos) As datas de celebración serán de outubro de 2021 a maio de 2022 e impartiranse na Casa da Mocidade da Gándara cun horario de 2 horas á semana en horario extraescolar. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminstrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón. O número de prazas por grupo adaptarase ás medidas de prevención específicas establecidas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia. As persoas interesadas poderán obter máis información na sede electrónica, Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, 1ª planta e Tf. 981337700 ext. 1111/1108/1109

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal