Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA CURSOS GRATUITOS EN LIÑA PARA O EMPRENDEMENTO
Prevese un período de impartición de catro semanas en cada curso, establecendo un calendario de titorías semanais de luns a venres con 3 horas diarias
Narón, 27 de agosto de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou no Concello 4 cursos en liña aberta ao público en xeral que se levarán a cabo desde o 7 de setembro ao 4 de outubro organizados polo Concello e cofinanciados polo Ministerio de Traballo e Economía Social a través do Servizo público de emprego estatal SEPE e enmarcados no programa da Rede Eusumo. Dita formación priorizará os colectivos de: Mulleres, Persoas con diversidade funcional, Persoas en risco de exclusión social, Persoas vinculadas coa economía social e Persoas desempregadas. Pita informou que os cursos teñen previsto un calendario de impartición de 4 semanas e un total de 60 horas lectivas cada un, as persoas interesadas poderán acceder ao formulario de inscrición no enderezo cursosnaron.formacionenrede.com Os cursos serán os seguintes: “A fórmula cooperativa como iniciativa emprendedora”. Ten como obxectivos: • Analizar o perfil da persoa emprendedora, despertando e potenciando un espírito e actitude emprendedoras desde unha cultura cooperativa. • Describir a estrutura e fundamentos dunha empresa cooperativa, revisando os trámites precisos para a súa posta en marcha. • Coñecer a natureza xurídica e os fundamentos formais do modelo cooperativo. • Adquirir as pautas e nocións básicas para describir axeitadamente unha idea de negocio e analizar as súas potencialidades “Planificación empresarial no modelo cooperativo”. Ten como obxectivos: • Comprender a utilidade e importancia dun plan de empresa cooperativa e coñecer e capacitar ao alumnado para a súa elaboración. • Singularizar a empresa cooperativa en relación coas empresas capitalistas convencionais. • Coñecer os conceptos clave e empregar as ferramentas para elaborar os plans de mercadotecnia, económico-financeiro, produción e de recursos humanos. • Adquirir os coñecementos para a toma de decisións formais e organizativas nunha organización. “Financiamento. Instrumentos éticos e alternativos para emprender”. Ten como obxectivos: • Introducir os conceptos básicos sobre o funcionamento dunha economía e o papel do diñeiro, analizando as diferenzas entre economía real e economía especulativa. • Reflexionar sobre as decisións económicas que unha persoa, empresa ou colectividade ten que tomar ao longo da súa vida, fomentando a cultura da responsabilidade. • Describir os diferentes mercados,produtos e intermediarios financeiros existentes e o seu funcionamento, analizando as alternativas éticas e solidarias existentes desde unha perspectiva emprendedora. • Sensibilizar sobre a importancia da ética nas finanzas e a responsabilidade social do sector financeiro. • Contribuír ao desenvolvemento dunha cultura, actitudes e comportamentos orientados á innovación. “Responsabilidade social empresarial para as cooperativas”. Ten como obxectivos: • Estudar as claves fundamentais da Responsabilidade Social Empresarial e da súa aplicación nas organizacións e contornas actuais. • Revisar e manexar as principais ferramentas existentes para a medición e análise da aplicación das diferentes medidas de Responsabilidade Social Empresarial nunha organización. • Analizar a aplicación específica de medidas de Responsabilidade Social Empresarial no caso específico da fórmula empresarial cooperativa. • Coñecer o concepto e implicacións do balance social.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal